Volta a rutina diaria …pero sen esquencer a visita de Delmi
Ola a todos,
A visita de Delmi a nosa casa foi coma unha estrela fugaz, breve e brilante. Aprendimos moito, o pasamos estupendamente e hoxe fixose un pouquiño mais costa arriba voltar a rutina diaria.
Delmi chegou a Birmingham o sábado pola noite bastante tarde con cara de estar moi canso pero aguantou unhas cantas horas de cháchara con nos. A verdade é que tiñamos moito do que falar, da situación dos galegos na diáspora, do cambio no patrón da diáspora que se produciu fai uns anos, pasando de sair de Galicia por pura necesidade de buscala vida nalgunha outra parte do mundo, a motivos un tanto diferentes como a busca da realizacion profesional e do recoñecemento. Da nosa experiencia falando tanto con Delmi coma con Luis Bello sacamos que no caso da “nova diáspora”, inda que sexamos xente de moi distintos campos, todos temos en común a sensacion de acollida que tivemos o aterrizar neste pais tan contradictorio e de extremos que é Estados Unidos, asi como un recoñecemento a nosa labor, e unha sensacion xeral optimista de que moitas cousas que antes parecían imposibles agora están moito máis preto da realidade.
O próximo 3 de xaneiro fará 6 anos que Miguel e mais eu aterrizamos neste pais por primeira vez. Daquela chegamos a Baltimore (Maryland), un tanto confusos e sen saber moi ben que esperar, pero coa mente aberta a novas experiencias e novas oportunidades, …..e casi seis anos mais tarde estou contando aqui un pouquiño da nosa historia particular, que continua en presente en Birmingham (Alabama), onde estamos traballando na Universidade que nos acolleu fai algo menos de dous anos cos brazos abertos, e con unha increible serie de oportunidades para desenvolver a nosa labor científica.
A clave para nos foi chegar sen prexuicios e dispostos a ver como eran as cousas, non vir con un calendario de volta, e sobre todo darlle a oportunidade ò teu novo fogar e a xente que alì vive de amosarte como son…
Un saudo para todos e Feliz Ano 2009!…
Esperamos que Delmi non coma as uvas no aeroporto de Miami….estaremos atentos ó blog…
n 2003. Esa foto fíxoma Zuni, no noso xardín traseiro, baixo dunha árbore que da pacanas e que foi a primeira árbore da que fun dono na miña vida. O lugar da foto é Lubbock, no noroeste de Texas. E para Lubbock viaxo coa miña familia o mesmo 31 de madrugada



Comentarios recientes