Skip to content

Volta a rutina diaria …pero sen esquencer a visita de Delmi

diciembre 30, 2008

Ola a todos,

A visita de Delmi a nosa casa foi coma unha estrela fugaz, breve e brilante. Aprendimos moito, o pasamos estupendamente e hoxe fixose un pouquiño mais costa arriba voltar a rutina diaria.

Delmi chegou a Birmingham o sábado pola noite bastante tarde con cara de estar moi canso pero aguantou unhas cantas horas de cháchara con nos. A verdade é que tiñamos moito do que falar, da situación dos galegos na diáspora, do cambio no patrón da diáspora que se produciu fai uns anos, pasando de sair de Galicia por pura necesidade de buscala vida nalgunha outra parte do mundo, a motivos un tanto diferentes como a busca da realizacion profesional e do recoñecemento. Da nosa experiencia falando tanto con Delmi coma con Luis Bello sacamos que no caso da “nova diáspora”, inda que sexamos xente de moi distintos campos, todos temos en común a sensacion de acollida que tivemos o aterrizar neste pais tan contradictorio e de extremos que é Estados Unidos, asi como un recoñecemento a nosa labor, e unha sensacion xeral optimista de que moitas cousas que antes parecían imposibles agora están moito máis preto da realidade.

O próximo 3 de xaneiro fará 6 anos que Miguel e mais eu aterrizamos neste pais por primeira vez. Daquela chegamos a Baltimore (Maryland), un tanto confusos e sen saber moi ben que esperar, pero coa mente aberta a novas experiencias e novas oportunidades, …..e casi seis anos mais tarde estou contando aqui un pouquiño da nosa historia particular, que continua en presente en Birmingham (Alabama), onde estamos traballando na Universidade que nos acolleu fai algo menos de dous anos cos brazos abertos, e con unha increible serie de oportunidades para desenvolver a nosa labor científica.

A clave para nos foi chegar sen prexuicios e dispostos a ver como eran as cousas, non vir con un calendario de volta, e sobre todo darlle a oportunidade ò teu novo fogar e a xente que alì vive de amosarte como son…

Un saudo para todos e Feliz Ano 2009!…

Esperamos que Delmi non coma as uvas no aeroporto de Miami….estaremos atentos ó blog…

4 comentarios leave one →
  1. enero 9, 2009 5:12 pm

    desde que te fuiste de Chiloé los ruiseñores dejaron de cantar y las margaritas ya no son tan amarillas.

  2. turuontour permalink
    enero 8, 2009 2:08 pm

    ledo estou por ti, meurrei, non polo de riazor, que tamen. en breve estaremos, espero, compartindo soños de novo. vivadelmi!

  3. untalmarra permalink
    diciembre 31, 2008 5:52 am

    xa vedes, non só os galegos viaxan….

    http://www.lavozdegalicia.es/portada/2008/12/31/0003_7434037.htm

    bon ano 2009
    xmarra

  4. diciembre 31, 2008 12:42 am

    Xa cheguei. Escribo dende o lobby do hotel Riazor en Santo Domingo (o meu cólega Arturo Lezcano forofo do Depor, estará ledo por isto, pero e que non atopei outro, de momento…). Non teño sono e son as 2.34 am. Moi certo todo o que dis. Birmingham ten algo que cautiva, un magnetismo especial, ben pola beleza do lugar, os crispy kreams, ou non sei que. A vosa Universidade (UAB) está a facer unha gran labor na cidade e a pesar de que estiven pouco tempo a xente é encantadora e abre as portas sen preguntar demasiado. Hoxe recibín máis convites de http://www.couchsurfing.com para quedar mais días.
    Pola miña parte só decir de vos que sodes unha parella traballadora, moi positiva, transparente, sen prexuicios, que sempre abrides as portas a xente, con optimismo e merecedes o mellor. Sodes os pioneiros xunto con outros que coñecín e están repartido polo país a esa nova diáspora de “fuga de cerebros”. eu semprepoño o exemplo dun amigo que vivía en Vigo e quería estudiar na IBM para programador. en Vigo lle decían que non servía e cansado de tanta bobada e envexas marchou para Alemania. Agora xa está retirado, pero foi programador xefe dun dos maiores xornais de Alemania. Cando o vexo sempre me dí: que ben fixeron en decirme que non valía!.
    Vos tedes que seguir adiante con ese proxecto inmenso que construen no hospital do UAB con tanto microscopio novo e que vos brindan cos ollos pechados. Aproveitade o momento e imos presentar o libro ahí.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: