Skip to content

Diasporeiros da gran mazá (Nova Iork)

noviembre 19, 2009
by

Non podo seguir escribindo en castelán e o sinto polos que leen os posts e que non saben galego, pero e que non dou feito en español.

Onte en Nova Iork tivemos a presentación de Galegos na Diáspora na universidade CUNY (City University New York) e asistiron varios dos protas que aparecen no libro. Convidado polo profesor galego Jesús del valle (20 anos en USA) presentei o video clip coas imaxes mais representativas do proxecto. Por alí estaban Sabela, Dino Pacio, Alex, o cónsul cultural da embiaxada de España e outros profesores da sección de filoloxía hispánica. Ao remate da proxección tivemos un pequeno quorum moi interesante no que houbo preguntas de diferente calibre, porque preguntaron ben e duro algúns.

Moi ledo fiquei de atoparme outra vez con Dino Pacio, un reencontro despois de moitos anos, dende aquela primera vez en Nova Iork. Falando con Jesús empezamos a rondarlle a cabeza de facer un documental sobre a vida e presencia dos galegos e galegas de NY. Jesús xa lle puso título: “A mazá galega”, o meu “Os galegos da gran mazá”.  Moito que contar da vida dos emigrantes galegos nesta cidade, empezando por Castelao e rematando polos albaneis que traballan nos rañaceos da First Avenue.

Onte vin de volta ao hotel camiñando e para un fotógrafo Nova Iork sempre é un pracer para fotografar. Nova Iork está chea de iconografía, e as xentes non lles molesta demasiado que os fotografien. O neoiorquino ten bó carácter, por lo menos en Manhattan. O Empire State estaba máxico, cuberto polo nevoeiro, fiquei alí durante tempo ollando como as nubes envolvían e acariñaban o edificio baixo a forte luz que ilumina o cumio. Impresionante o espectáculo. Despois de tantos anos vindo a gran mazá recoñezo que non vín nada, nin siquera a estatua da Libertade.

Actualizo o post dende o aeroporto de Birmingham, con WIFI de balde, a ver si aprenden por Europa (en Viena tamén) e non sacan os untos a xente. Ademais podese controlar online o movimento do tráfego aéreo.

No comments yet

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: