Skip to content

O taxista birmano

noviembre 23, 2009
by
Thado Chin é taxista en Florida. Chegou de Birmania (Myanmar) hai 15 anos, ilegal, cruzando a fronteira por México. A aventura costoulle 8.000 dólares.

Son as 4.30 da tarde, aeroporto de Fort Lauderdale, Florida. Un taxi branco aparca a poucos metros da porta de chegadas e del sae un home baixo, moreno, pinta de asiático e falando un inglés telegráfico. Subo na parte anterior do coche e detrás viaxan dous americanos, un home e unha muller. O home é un oficial da mariña que se baixa no dowtown de Fort Lauderdale. Deixalle unha propina de 9 dólares ao taxista. Apenas cruzou unha palabra cos que imos no taxi. Thado, fala pouco, e cando o fai hai que poñer ven o oído, xa que o inglés e moi telegráfico. A muller americana rie cando Thado fala pola radio-emisora e o militar non quere saber.

Intento falar con él pero Thado apenas contesta, só me di que “son de Myanmar”, nada máis, e cala. O tráfego na autoestrada é infernal e o xeito de manexar do noso amigo birmano é peculiar. A punto estivo de mandarlle un golpe a outro coche. Uns kilómetros máis aló unha bicicleta cruzase no camiño e a punto estivo de levala polo aire. Thado preguntame: “dinlle?”. A muller americana rie e quedase en Grove Isle, un lugar con moitos barcos de luxo e iates de xente de pasta.

“Non podía falarlle porque eu son ilegal”, confesa Thado cando baixa a muller. E a partires de ahí o meu amigo birmano conta a aventura da súa diáspora personal dende que no 2001 saiu do se u país. “Marchei dalí porque a xente se está matando, non hai dereitos humáns, non hai libertade, só os militares viven ben”.

O meu taxista birmano traballa para unha empresa que recolle a pasaxeiros no aeroporto de Fort Lauderdale, adonde voan compañías aéreas como Southwest, por exemplo. “É a miña primeira carreira dende que comencei as 10 da mañán, vostedes son os primeiros clientes que teño hoxe”. Thado pagalle a empresa para a que traballa 800 dólares a semana pola renta do coche. A carreira que fixo cos seus primeiros clientes hoxe deixalle algo máis de 80 dólares, máis a propina, que nos USA é obrigatoria. Thado ten muller e fillos e está pensando en cambiar de traballo, e asegura que a culpa de todo a crise econñomica a ten Mr. Bush. “Este home deixounos moi tirados, antes a xente traballaba e non había tanto problema, pero o país está hipotecado”.

O birmano cruzou a fronteira con Bangladesh e alí estivo un par de anos ata que xuntou os cartos que lle pedía o “dealer” para achegarlo aos USA. En total 8.000 dólares. “Vivín en Bangladesh facendo todo tipo de traballos e cando conseguín os cartos pasei unha odisea ata chegar a México. Alí levaronos a un lugar e cruzamos de noite, non nos pillaron pero pasei moito medo”. Dende o 2001 estivo ilegal nos Estados Unidos di que pode traballar de taxista pero coa crise non lle da para levar moito a familia. Pensa cambiar de traballo. Moitas emigrantes ilegales viven nos USA con documentación falsa, números da seguridade social de persoas mortas, e outras carambainas. Os avogados teñen poder neste país e por uns cantos miles de dólares buscan a maneira de que sobrevivas o soño americano, pero si algún día te pillan ou saes do país, esquece voltar, o sistema non perdoa.

Dende aquela Thado Chin non voltou a Birmania e tampouco pensa niso: “Se volto me meten na cárcere, pero prefiro estar nesta outra, alomenos estou vivo”.

* Thado Chin é un seudónimo do personaxe real que desexa permanecer no anónimato debido as circunstancias.

No comments yet

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: