Skip to content

Juana Gallegos Valadez

noviembre 28, 2009
by
No National Museum of Natural History de Washington DC está inmortalizada Juana Gallegos Valadez como unha inmigrante mexicana famosa pola súa frase cando lle preguntaron si pretendía pedir a nacionalidade estadounidense: “Nacín mexicana e vou morrer mexicana”.

Juana formou parte do éxodo mexicano a os USA e quedei intrigado pola procedencia do apelido “Gallegos”. Velahí  o que din del na internet: “Un nativo de Galiza. Diseminados por toda a península e as Américas. Descendente de D. Ramón Romaes, fillo lexítimo de D. Fruela I.

Tentou nobreza na Orde de Santiago, Alcántara, Calatrava, Charles III e San Xoán de Xerusalén, e da Sociedade Real de Midshipmen na chancelaría real de Valladolid e da Corte Real de Oviedo. Este apelido é o mesmo que galego. Durante os anos 1910 e 1920 en México, a expansión dos camiños de ferro, a ruptura do sistema de Facenda (semellante á agricultura feudal), e a axitación política mexicana proporcionaron medios e motivación para moitas persoas a desprazarse ás cidades”. Preto de 1918, Juana Gallegos trasladouse coa familia no rancho co seu pai conseguiu na Cidade de México, onde a familia tiña conexións políticas. Busquei no Google por “surname Gallegos” e atopei isto ou tamén este outro. Neste último dí que somos da provincia de Galicia en España: “for a person who originated from the province of Galicia in Spain” (sic).

Despois de que o presidente Venustiano Carranza foi deposto, Juana e a súa nai volveron para Matehuala e en 1923 emigrou para os Estados Unidos para saír da crise en curso da revolución. En 1928 Juana Gallegos casou con Adolfo Valadez, un compañeiro inmigrante procedente de Matehuala. Para asistir ó matrimonio, os pais e irmáns de Adolfo padeceron frío e choiva conducindo más de 14 horas nun coche aberto 200 millas dende Houston a San Antonio.

O museo estaba cheo de xente, principalmente turistas e para o meu gusto a información moi apelotonada, debe ser pola falta de espazo ou porque a Historia do país é moita e non lle chegan as paredes e provoca moita confusión. A entrada é de balde pero imaxinome que xa nos cobran a entrada cando consumimos, traducido en impostos.

Adicanlle unha sala ao programa Bracero interesante para entender a explotación a que estiveron sometidos milleiros de mexicanos entre os anos 1942 a 1964. México, El Salvador, Colombiae outros moitos países contribuiron ao desenvolvemento dos USA. Dín que si algún día os latinos que viven nos Estados Unidos paran de traballar tan só un minuto perderíanse millóns de dólares e o país quedaría paralizado. Isto da unha idea da importancia que ten a emigración no imperio americano. Sin eles non viven.

Update/actualización domingo 29: Enviame a cólega Marta Capote no Facebook un recado: “Grandes fotos Delmi. Pero se echa de menos la escenificación de la Guerra de Irak, tal vez Afaganistán tb. Cómo te son, la hostia. Bikos”. Moi boa apreciación por parte de Marta. De feito no apartado da guerra de Vietnam hai un cartel no que piden disculpas polas mortes de tanta xente. No apartado das bombas de Hiroshima e Nagasaki algo parecido pero non está moi claro. Os museos son a memoria da propia Historia dos países e o mundo pero case sempre obvian a verdade. A Historia sempre se escribe dende o lado dos vencedores pero case nunca dos vencidos. Vergoña allea cos monumentos adicados a conquista de América polos españois. Non falan dos millóns de indíxenas aos que pasaron polo ferro. Un exemplo claro é o da Guerra Civil Española, non hai máis que ollar nas fachadas das igrexas gravado con ganas a cincel e martelo no mesmo granito: “Caídos por la patria”. Na Galiza temos moitos exemplos e mesmo nunha igrexa no Camiño Francés, en Azofra, a vista de tódolos peregrinos que van a Compostela, algo que da moito noxo.

No comments yet

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: