Skip to content

Abuso de poder na Gate A6

diciembre 1, 2009
by

O morro da aeronave de Air Baltic a esquerda. As portas da A6 abertas. O personal fascistoide da empresa NOVIA actuaron con abuso de poder e crearonlle a SAS un problema cun cliente.

08:00hs. Aeroporto de Copenhague
As compañías aéreas poñen o asunto de voar cada vez máis difícil. Dende a gando-bus de Ryanair ata a nacional Iberia, pasando por Air Baltic, Aeroflot, Sas e outras. Para millóns de persoas no globo terraqueo o avión converteuse nun medio de transporte imprescindible pero tamén para outros tantos  subir a un avión producelle un trauma que as aerolíneas estudan con moita atención.

Onte embarquei en Washington DC, nun Airbus, o aparato ía case valeiro ata Copenhague. O vó faise moito máis levadeiro cando se sae as 5.20 da tarde e se chega ao destino europeo pola mañán cedo. O capitán antes de pechar as portas avisou de que teríamos que esperar por uns pasaxeiros que estaban pasando o control de seguridade e o de pasaportes e prometeu darlle caña para recuperar o tempo perdido na espera. A espera foi de uns quince minutos. Por fin o aparato despegou lixeiro e cada cal buscou un lugar para dormir xa que como decia ia moi valeiro.

A chegada a Copenhague estaba para as 07.15 e aterramos as 07.30, un gran retraso e unha gran mentira do comandante cando prometera axustar o tempo para chegar a hora ao destino. O Airbus fixo a súa rutina de taxi (cando circula dende a pista ata o aparcamento) pero outra demora por culpa dun Air Greenland tivonos outros oito minutos mais sen desembarcar. A xente estaba desesperada dentro do avión xa que moitos tiñan o tempo xusto para ir dunha terminal a outra (ongas distancias) nun corto período de tempo. Agás sexas un corredor de fondo a meta non a consigues no aeroporto de Copenhague en al menos nun tempo de 10-15 minutos, xa que tes que pasar polo control de seguridade e un de pasaporte.

Eran as 07:38 am e corría ata terminal 1, porta A6. Salvei un control de seguridade sen problema, e o de pasaporte a primeira. Cheguei a porta A6 ás 08:00 hs en punto (o avión tiña hora de saída para esa mesma hora). Un home con rasgos asiáticos e barba con corte Jimmy Hendrix paroume de súpeto e me dí: Mr. Álvarez? sí, dixenlle, “o estiven chamando tres veces pola megafonía, non vai a poder embarcar”. Derrumbeime. Vín que as portas seguían abertas e que o persoal de handling (o que lle leva ao comandante da nave a lista final de pasaxeiros, factura de combustible etc) todavía estaba en contacto coas portas abertas do aparato. “E como vou a chegar dende a porta C 128 noutra terminal ata a porta A6 na terminal 1?” espeteille, “nada, a súa actitude non vai a nigures”, dixome. E quedei peor do que estaba e preguntándome actitude? cal actitude? a de que me chamen polo autoparlante e non poda xustificar que estou salvando obstáculos? kafkiano.

Quedeime en terra co que todo iso reporta. Recrimineille que o noso avión esperara por tres pasaxeiros e me dixo que non era o seu problema. Dixenlle que o avión dende que eu cheguei a porta A6 estivo 10 minutos co handling e que neses casos se le pregunta ao comandante acerca da incidencia. A situación era desesperante como a de milleiros de pasaxeiros nos aeroportos do mundo que se atopan con persoal deste tipo. Alí chegou un novo home da empresa NOVIA que me deu a razón e non sabía como decirlle ao seu cólega que metera a pata. Dalí fun a supervisora de NOVIA que me dixeron que a culpa era toda miña por non ter apurado dabondo (cando dixo isto pareceume todavía máis kafkiano, pero entendo a posición da fulana que quería ante todo salvar o seu cú).

De NOVIA pasaron o pataca quente a SAS, a emisora do billete que en menos de 10 minutos xa me daba outro billete novo, pero por outra compañía e a Praga!, e de Praga a Riga. Cheguei as 14.20. Sen a equipaxe, sen o trípode da cámara e moi cansado.

Hai moitos trucos para evitar este tipo de situacións e todo ten que moverse dende o propio aparato que leva retraso e o seu responsable, o comandante que vía radio soluciona a situación na medida do posible.

Un dos truco máis practicados por cólegas viaxeiros e fotoxornalistas é o de decir que padece un problema de xeonllo (menisco por exemplo) e precisa asistencia en cadeira de rodas. Se se consigue (habitual) a saída do avión xa che espera unha persoa que é o encargado de deixarte na outra porta e comunica por radio aos cólegas que leva un pasaxeiro con problemas de desprazamento. Nunca o utilicei e non falla.

Hai outros métodos pero “non estou autorizado” a comentalos. O mellor sempre é nestes casos utilizar a picaresca e obrigar a compañía aérea a ofrecer un bo servizo. Moitas delas saben do problema e si se trata de máis dun pasaxeiro xa poñen a unha persoa a saída da aeronave para facilitar as cousas. A equipaxe apareceu en Riga as 20.00 pm en perfecto estado.

En varias ocasións extraviaronme a equipaxe. Unha a máis gorda foi na ruta con Iberia dende Madrid a Cuba con parada técnica en Santo Domingo (República Dominicana). Viaxabamos xuntos daquela co empresario Alfonso Paz Andrade e iamos a La Habana. A mala del apareceu despois dunha semana, xa cando regresaba e a miña nunca máis. Neses casos tes que empezar de novo, refirome a mercar roupa interior, camisas, camisetas, etc. O trauma é grande.

Noutra ocasión foi nunha viaxe co proxeco Camiño de Santiago a Sicilia co gallo da presentación da exposición, Un Camiño, 14 olladas. A mala coa equipaxe desapareceu e estiven co posto dous días. Tiven que ir a unha tenda a mercar o mínimo para estar presentable e non foi doado atopar algo que me seducira. De regreso a Riga e desconfiando das promesas que daba Air Baltic, decidín ollar pola miña conta en Milano, o aeroporto de escala entre Sicilia e Letonia e voulá! alí estaba a  miña mala, agochada entre centos delas esperando un destino infeliz (a queima nun forno).

As compañías terán que cambiar de actitude co consumidor-pasaxeiro ante os desagravios cos clientes. Dende o problema de mínimo espazo entre dúas cadeiras ata a falta de comprensión cos pasaxeiros. Non teño queixa da tripulación de cabina, son traballadores e fan o seu traballo o mellor que poden, e con todas as limitacións que a empresa da para desenvolver o seu cometido.

O abuso de poder das compañías aéreas cos pasaxeiros tamén pode ser unha cuestión de actitude.

Sometido ao Jetlag no sofá da casa, con Nerito deitado aos meus pes e Signe planchando orella, deleitome  navegando polos blogs  de amigos e aconsello este post de Invando Vagalumes, sobre a visita de Feijoó a Barcelona e  “Apuntes en sucio” do cólega Manuel Jabois.

Sigo con moita curiosidade o asunto de Aminetu en folga de fame no aeroporto de Lanzarote. No wikipedia podese ler a denuncia feita na comisaría de policía e non ten desperdicio.

*Por dúas veces e segundo ano consecutivo quedei maravillado coa Southwest Airlines. Levan a equipaxe de balde, cantan vilancicos, o comandante avisa de que imos ver Ovnis, e os auxiliares de vó son totalmente extravertidos, tanto se meten contigo como che piden o número de teléfono para quedar a tomar un viño.

One Comment leave one →
  1. diciembre 3, 2009 3:13 pm

    ¡Al fin, Riga! Ya tocaba ¿no? Bienvenido a Europa, a pesar de los incompetentes. Un abrazo

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: