Skip to content

Latvia: not job, not money, not boyfriend

octubre 19, 2010

Outra vez o desemprego, o maldito paro e a crisis facendo estragos entre os cidadáns de repúblicas como a de Letonia. Empecei no 2003 a documentar este país e dende hai unha semana xa estamos traballando nun novo documental. O guión é real, e fala de mozos e mozas dunha pequena vila no countryside letón que viven coa esperanza de atopar un traballo, se pode ser en América. O docu transcurre en Zoseni (os rapaces que coidan dos gansos) unha pequena aldea chea de nenos e mozos e mozas moi xoves. Tamén hai vellos con pensións miseras que paga o estado e moitos homes con serios problemas co alcohol.

As primeiras entrevistas foron rodadas o pasado sábado 16 de outubro, coa primeira nevada da tempada no país, este ano moi cedo. A miña asistente e intérprete Ilva Sinta é unha moza casada con Janis e viven en Cesis. Ilva viviu na Coruña na época do seu Erasmus e fala español e algo de galego, os dous facemos boa equipa e alí onde vou ela sempre ao meu carón, producindo, traducindo e recollendo datos para as reportaxes en Diena xornal.

Sandis, Anita, Lauris e Dita son catro xoves da vila que estudan a secondaria e tamén traballan. Son rapaces feitos ao campo, nada que ver cos señoritos da cidade. Eles e elas falan algo de inglés e decidimos que as entrevistas foran nese idioma para que alí onde vexan o documental podan ser escoitados e ao mellor alguén, quen sabe, se anima a contrata-los.

Anita vive con once irmáns máis nunha fermosa casa de campo de madeira típica letona. Hai dous cans e un deles mordeme a traizón no talón mentres a fotografio. A ferida doe e un dos rapaces dime que o can está vacinado. Nesa casa viven coa súa nai, pero a maioría son orfos que foron acollidos por ésta boa familia. Mozas moi novas e mozos con algo de pelos na cara, pero todavía non para afeitalos. Na casa eu me sinto coma un máis, mesmo Ilva que non tivera a experiencia antes amosa ledicia. A nai prepara unha enorme pota con leite de vaca (teñen sete) e migallas de pan da que van a cear todos e todas. O estado lle paga ao casal uns 80 lats por mes (110 euros aprox) e con eses cartos e outros apaños que fan os homes realizando traballos por aquí e por aló sobrevive a familia. Este sábado Ilva e un feixe de amigos van ir a Zoseni a prepararlle unha festa de cumpreanos a un deles e a ver que sae dese encontro que conta como unha experiencia máis entre duas culturas ben diferentes, a do campo e a da cidade.

Janis vive noutra aldea, lonxe de Zoseni, en Liepa, e a súa historia é triste, máis pediume que non a publicara por mor a que as mafias podan asustar a súa nai. Na vila vive xente que non lles amola moito a prensa e a vida lles importa ben pouco, polo tanto imonos deixar tranquilo a Janis e dar poucos datos: unhas veciñas o levaron a Inglaterra a traballar, unha vez alí alguén lle roubo pasaporte e tarxetas de crédito e tivo que pagar un billete de volta a Letonia cos poucos cartos que lle quedaban. Agora está sen traballo e pensa marchar, pero o futuro o ten moi difícil e as compañías non sempre levan a ún polo camiño correcto.

3 comentarios leave one →
  1. SOUSA-POZA permalink
    octubre 24, 2010 10:17 am

    Miro, no queria meterme con este comentario tuyo por se que es meterme en camisas de once varas, pero supongo que para eso estamos. Mi idea de los paises balticos es remota, excepto porque hace no muchos anyos tuve por varios meses en casa a una chica de Estonia que estaba aqui haciendo su tesina para una Universidad holandesa: una chica muy maja. A mi me parece que la civilizacion occidental tal y como la conocemos hoy descansa en dos pilares, el latino y el germanico, pero tuvo su cuna en Roma. Se me antoja que cuanto mas alejado estes de Roma mas tenue, mas adoptada es tu “occidentalidad”. El resultado pudiera ser no tan distinto del de los paises africanos colonizados por europeos en los que se observa un conflicto de identidades: estan siempre tratando de “adaptarse”. Marge, la estudiante estoniana, se sintio un dia “herida” porque alguien la califico de “europea del Este”. Bueno, pues yo soy “europeo del Sur”, … and make no mistake about it! Hispania no solo estuvo en el genesis de la civilizacion occidental como provincia romana sino que despues fue “formativa” de ella ya de derecho propio. Si por arte de magia haces desaparecer a Espanya de la historia, tienes que volver a reescribir la de la civilizacion occidental de cabo a rabo. Ironicamente, ya se que hoy los espanyoles se consideran un tanto europeos “vicarizantes”, pero esa es una patologia psicosomatica que no corresponde a la realidad. La “dignidad” en el trabajo la considero una condicion mas endogena que exogena. Yo he hecho de todo, desde lavaplatos, a ascensorista, a pasante de castellano. Mi dignidad nunca se sintio afectada. Y aunque oyes que hoy los gallegos estan metidos en el trafico de drogas, que yo sepa la criminalidad de los gallegos en el extranjero nunca fue noticia en ninguna parte.

  2. Miro permalink*
    octubre 19, 2010 1:02 pm

    Sería longo de explicar o da presunta tristeza da xente letona, pero se parecen tristes é pola situación na que viven. Se noutro país acontecera o que eles levan padecido xa non existiría o país. A xente non protesta, non hai folgas, porque hai medo a que os despidan e o seu carácter non é nin parecido ao latino, pero semella un pouco as aldeas galegas noutros tempos, ainda non moi lonxanos, pero peor aquí.
    Mágoa que estes rapaces de aldea non teñan a oportunidade de elexir outras saidas ou mesmo ir traballar ao estranxeiro en condicións dignas, isto é o que me disgusta moito porque en poucos anos moitos deles acabarán como acaban outros, nas cárceles, na droga, ou facendo business con pouco futuro.

    Cando fixen unha reportaxe na cárcel de Skirotavas os rapaces desexaban un curso de fotografía pero os que deberían dar o permiso construen muros máis altos imposibeis de trepar para os que realmente teñen boa vontade e axudar dende fóra. Son os propios letóns que asoballan de maneira despiadada aos seus compatriotas en favor de si mesmos e dun ideal patriótico. É así e non van a cambiar (non porque non o desexen senón por non ter problemas).

  3. SOUSA-POZA permalink
    octubre 19, 2010 9:30 am

    Miro, no se puede juzgar por un video -pero da la impresion de gente triste en un pais triste.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: