Skip to content

O Centro galego de Nurnberg discrimina por idades para o seu Congreso

octubre 25, 2010
by

Hai meses chegoume un email da Xuga  en base a convocatoria para o Congreso Europeo da Xuventude que organizaba a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. O congreso era o día 26 de setembro e hoxe é 25 de Outubro.

Email da Xuga:

Bos días a tod@s,

A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Galicia Emigración, están a organizar o próximo Congreso Europeo da Xuventude galega no exterior.

Terá lugar en Nüremberg (Alemaña) os próximos 24, 25 e 26 de setembro de 2010.

A data límite de inscrición está fixada ao 12 de setembro de 2010.

O formulario de inscrición mailos datos de contacto atópanse neste ligazón :   http://galiciaaberta.com/gl/linas_axuda/congreso-europeo-da-xuventude-galega-no-exterior

Aínda non esta definido o programa, a única información que puidemos obter de momento e que será co-financiado pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Emigración e que cubrirán os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención dos participantes.

Animámosvos a inscribirvos, nestes tempos de crises serán poucas ás ocasións que a mocidade galega de Europa terá de ser participe e ter voz. Temos que aproveitar a ocasión.

Pronto haberá mais información en xuga.eu, no facexuga mais en galiciaaberta.

Apertas,

xuga.eu

O día 22 de outubro (case un mes despois do Congreso) chegoume o email de Galicia Aberta asinado por  Galicia Aberta <administrador@galiciaaberta.com> e con copia para:”Díaz-Pache Saenz de Cenzano, Victor” <victor.diaz-pache.saenz.cenzano@xunta.es> no que dicía que non estaba admitido.

Estimad@ amig@,

Unha vez rematado o proceso de selección de participantes no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, lamentamos comunicarche que a túa solicitude de participación non foi admitida. Esperando contar coa túa participacion en futuros eventos organizados polo Centro Galego de Nürnberg, recibe un cordial saúdo.

Asdo.: Centro Galego de Nürnberg e.V.

Ao que lle repliquei:

2010/10/22 delmi alvarez <delmi@delmialvarez.com>

A/A Centro Galego de Nurnberg,

En relación o seu email con data 22 outubro de 2010 pedirialles que explicaran cal ou cales son os motivos de que a minha solicitude non fora admitida.

Atentamente,

Saúdalle

Delmi Alvarez

respondendo hoxe  25 Outubro de 2010

Bo día,

En relación á súa consulta sobre a non admisión da súa solicitude no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, trasladámoslle que o motivo da mesma son as limitacións de idade que se indicaban na convocatoria. Reciba un cordial saúdo.

Asdo.: Centro Galego de Nürnberg e.V.

No email que me enviaran os da Xuga non se citaba límite de idade. Non deron máis explicacións.

O que me da que pensar é que os emails venhan asinados por o adminsitrador de Galicia Aberta en nome do Centro Galego de Nuremberg. Non entendo a conexión. Como é que poden falar en nome deste Centro galego e asinar os correos no seu nome?. Por certo escribinlles aos do Centro de Nuremberg e de momento non hai resposta.

 

3 comentarios leave one →
  1. Chucho permalink
    octubre 27, 2012 4:05 pm

    A ver Roberto e ti quen ves sendo? Un emisario de A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia ou de Nuremberg?

  2. Roberto permalink
    octubre 27, 2012 4:32 am

    Es que estaba leyendo detenidamente. A ver, por lo que veo, esto era un congreso para la juventud; Delmi, tú cuántos años tienes?

  3. untalmarra permalink
    octubre 26, 2010 4:34 pm

    É que non saben apreciar a NOSA ETERNA XUVENTUDE, ignóraos, compañeiro,que se extingan eles mesmos….BLUP, BLUP, BLUP…

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: