Skip to content

O libro

“Desexo presentar o libro en diferentes lugares do planeta. Nos EE.UU., xa hai amigos do proxecto que están interesados en velo e dalo a coñecer en universidades. Pendente da presentación que primeiramente faga a Secretaría Xeral de Emigración e as que desexe, e ademais estou aberto a calquera interese que proveña de sobre todo Centros Galegos no mundo”.

(No ano 2009 a situación política cambiou en Galicia e este proxecto veu abaixo co novo goberno galego. Nese mesmo ano levou debaixo do brazo aos EE.UU. tres libros para a Library of Congress en Washington (donde deu unha conferencia sobre o proxecto), A Universidade Cuny de Nova York e outro para o escritor e xornalista vigués Alberto Avendaño, residente nese país e director do Tempo Latino, a versión en español do The Washington Post)

Proxecto multimedia

Como inicialmente veño realizando desde que Galegos na Diáspora naceu fai vinte anos, propoño un obradoiro/taller co seguinte:

Explicación do proxecto con proxección de imaxes entre tres e cinco días. As sesións están divididas en viaxes e cunha duración aprox., de tres horas cada día. Durante as mesmas explícase como levou a cabo a produción, coordinación e as fotografías nas diferentes viaxes. Tamén se proxectarán tres vídeos documentais realizados para a TVG (Televisión de Galicia).

As Universidades poden ofrecer un crédito de libre configuración.

Se precisades de máis info poñedevos en contacto comigo directamente.

As Fotos

As fotos de Galegos na Diáspora estiveron expostas en varios lugares de Galicia, Arxentina e Uruguai. Unha edición de 85 imaxes (unha parte da colección) que inaugurou Caixanova en Vigo están enmarcadas e listas para a súa exhibición. As condicións para o seu aluguer están suxeitas a un contrato.

Esta primeira colección está enmarcada en madeira de abeto branco e selada con passpartout antiácido. As imaxes están tiradas en copias ao bromuro e viradas ao selenio por Tino Martínez (Santiago de Compostela).

Traballo na idea dunha nova exposición co resto das imaxes e cun soporte máis simple utilizando impresión dixital para que poida viaxar por todo o mundo.

A actual colección privada está en venda para recadar fondos na investigación da diáspora no mundo através dunha futura fundación e pasará a formar parte dos arquivos de ou Consello da Cultura Galega mentres non sexa adquirida por un museo preferentemente. Parte dos cartos da venda das imaxes serían para a creación anual dun concurso con fotografía e poesía que fale da Diáspora Galega.

2 comentarios leave one →
  1. Angela Diéguez permalink
    agosto 3, 2009 12:47 pm

    Boas:

    sin querer atopei esta páxina web. Non son de Chaguazoso, pero a milla parella sí que o é. Hai unha páxina web onde podedes atopar información sobre a situación actual do pobo (algunha en clave humorística), e un completo album de fotos. Este é o link:

    http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/chaguazoso/galeria-fotografica/

    Espero que vos sexa de utilidade.

    Un saúdo.

    Anxela Diéguez
    Santiago de Compostela
    Galicia

  2. gallegosporelmundo permalink
    enero 27, 2009 2:00 pm

    Muy interesante el proyecto, con el tiempo tambien a mi me gustaría hacer un libro de las historias de mi block, todo se andará.
    Para cualquier cosa que necesites y este a mi alcance cuenta conmigo

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: